A semana pasada estivemos reunidos unha mañán na sala de traballo da Biblioteca Concepción Areal, máis coñecida como a 'Conchi'. Alí fixemos a nosa guía didáctica sobre o traballo que queremos presentar ós nosos alumnos.
Ó comezar a Guía didáctica atopamos necesario facer unha pequena contextualización. Comentamos nela a que asignatura pertencía o traballo, neste caso a Coñecemento do Medio. Tamén a qué curso íba dedicado, 2º de Ed.Primaria. A temática, os seres vivos e seu enterno.
Vímonos na obriga tamén, dentro da contextualización e identificación, a facer unha pequena definición do traballo. Esta identifica o traballo como 'a proposición dun xogo didáctico que axude ós nosos alumnos a reforzar e profundizar sobre a temática proposta, os seres vivos e o seu entorno'.
Definimos tamén os obxectivos educativos que prentedemos que os nos alumnos cumplan con este xogo educativo. A continuanión presentamosvos algúns dos que pensamos que son máis importantes:
- Que os alumnos aprendan facendo.
- Que recorden os coñecementos.
- Que saiban identificar e clasificar os seres vivos segundo o ecosistema o que pertencen.
- Axudar a motivación dos alumnos mediante unha tarefa contextualizada no mundo ó que pertencen.
Tamén falamos dos alumnos e características da aula donde vamos a realizar a tarefa. No nososo caso comentamos donde se vai realizar a actividade, na aula de informática, e como organizamos a sesión a partir das posibilidades que nos proporciona esta aula.
O seguinte paso que tivemos que tomar foi a descripción da actividade. Nela comentamos o que tivemos que facer antes de ir a aula de informática. Primeiro foi traballar o tema dos ecosistemas e os seres vivos que habitan neles na aula. Cando xa estivera rematada a unidade é cando iríamos a aula de informática.
Na sesión, na que acudiríamos a citada aula, faríamos, antes de comezar, unha explicación do
funcionamento do xogo. Despois comezaríamos coa actividade.
Nesta actividade os alumnos deben aplicar os coñocementos previos que teñen sobre o tema e intentar relacionar os coñecementos que xa teñen para poder facer a tarefa correctamente. O facer esta actividade os alumnos serán conscientes dos coñecementos que teñen.
Nós, os mestres, temos un papel fundamental neste traballo. O primeiro é transmitir a información ó alumno para que este poda cumplir co que se lle pide. Tamén temos que crear o soporte informático para poidan levar a cabo o traballo. Por último, axudar a que as rapazas e rapaces sexan capaces de atopar o camiño a seguir cando lles surxan dúbidas.
Feita a guía, presentámoslla ó noso profesor. Eulogio comentounos que estaba bastante ben pero que nos faltaba comentar que competencias pensabamos que, os nosos alumnos, íban a desenvolver, facendo este traballo, das sete competencias que aparecen no currículum educativo.
E en iso estamos, introducir as competencias dentro da guía didáctica e tamén na construcción do xogo educativo.
Apertas para todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario