Boas tardes amigos!
Levábamos tempo sen actualizar o blog e queremos voltar a facelo de maneira regular. Que non estiveramos actualizando o blog non significa que estivesemos cos brazos cruzados. Estivemos reflexionando sobre o noso proxecto e temos avances moi significativos. Polo tanto, vamos a pasar a contarvos a que nos adicamos neste tempo. Comecemos polo principio.
Unha tarde reunímonos, despois de clase, para decidir a temática sobre a que ía tratar o noso traballo. Acordamos que estivese dentro da área de 'Coñecemento do Medio' e tivera relación co mundo da natureza, os seres vivos e o seu entorno dirixido a alumnas e alumnos de 2º de Educación Primaria. Paraceunos, dende o primeiro momento, unha temática moi atractiva e que, de seguro, ía xerar interese nos nosos pequenos alumnos.
Despois de elexir sobre qué íamos a facer este traballo, comezamos a cavilar sobre que proposta podíamos poñerlles entre mans. Pensamos que podía ser moi interesante deseñar un xogo didáctico e que eles interactuaran co mesmo. O programa co que estamos a deseñar este xogo é o Power Point mediante a utilización de enunciados, imaxe e hipervínculos.
Ata aquí é todo polo de pronto, permanecede atentos ó blog!
No hay comentarios:
Publicar un comentario