martes, 10 de mayo de 2016

Deseño xogo interactivo

Bos días!

Como dixemos, o final da anterior entrada, a de hoxe trata sobre como resolvimos a creación do noso xogo educativo.

O primeiro paso foi pensar en como queríamos que fose o noso xogo interactivo. Decidimos facelo co programa Power Point. Reflexionamos sobre o deseño do mesmo, queríamos que fose sinxelo de entender e tamén, que os seus funcionamento fose doado de interpretar.

Despois, xa nos introducimos no deseño do mesmo. Distribución das preguntas, imaxes, hipervínculos, etc. Os coñecementos que nos proporcionou, sobre Power Point, o noso profesor de TIC foronnos moi útiles xa que apenas encontrámonos con atrancos na hora de elaborar o noso xogo.

O xogo consta de preguntas-respostas sobre os ecosistemas e saber relacionar os animais co entorno no que eles viven.  Se os alumnos acertan as respostas recibirán un premio, que os motive, e se fallan explicamos a natureza da pregunta e os apoiamos con unha frase de autoaxuda.

E isto é todo, so nos queda preparar a exposición.

Coma sempre, apertar para todos!


lunes, 9 de mayo de 2016

Guía didáctica

Boas tardes!

A semana pasada estivemos reunidos unha mañán na sala de traballo da Biblioteca Concepción Areal, máis coñecida como a 'Conchi'. Alí fixemos a nosa guía didáctica sobre o traballo que queremos presentar ós nosos alumnos.

Ó comezar a Guía didáctica atopamos necesario facer unha pequena contextualización. Comentamos nela a que asignatura pertencía o traballo, neste caso a Coñecemento do Medio. Tamén a qué curso íba dedicado, 2º de Ed.Primaria. A temática, os seres vivos e seu enterno.

Vímonos na obriga tamén, dentro da contextualización e identificación, a facer unha pequena definición do traballo. Esta identifica o traballo como 'a proposición dun xogo didáctico que axude ós nosos alumnos a reforzar e profundizar sobre a temática proposta, os seres vivos e o seu entorno'.

Definimos tamén os obxectivos educativos que prentedemos que os nos alumnos cumplan con este xogo educativo. A continuanión presentamosvos algúns dos que pensamos que son máis importantes:
  • Que os alumnos aprendan facendo.
  • Que recorden os coñecementos.
  • Que saiban identificar e clasificar os seres vivos segundo o ecosistema o que pertencen. 
  • Axudar a motivación dos alumnos mediante unha tarefa contextualizada no mundo ó que pertencen. 

Tamén falamos dos alumnos e características da aula donde vamos a realizar a tarefa. No nososo caso comentamos donde se vai realizar a actividade, na aula de informática, e como organizamos a sesión a partir das posibilidades que nos proporciona esta aula.

O seguinte paso que tivemos que tomar foi a descripción da actividade. Nela comentamos o que tivemos que facer antes de ir a aula de informática. Primeiro foi traballar o tema dos ecosistemas e os seres vivos que habitan neles na aula. Cando xa estivera rematada a unidade é cando iríamos a aula de informática.

Na sesión, na que acudiríamos a citada aula, faríamos, antes de comezar, unha explicación do
funcionamento do xogo. Despois comezaríamos coa actividade.

Nesta actividade os alumnos deben aplicar os coñocementos previos que teñen sobre o tema e intentar relacionar os coñecementos que xa teñen para poder facer a tarefa correctamente. O facer esta actividade os alumnos serán conscientes dos coñecementos que teñen.

Nós, os mestres, temos un papel fundamental neste traballo. O primeiro é transmitir a información ó alumno para que este poda cumplir co que se lle pide. Tamén temos que crear o soporte informático para poidan levar a cabo o traballo. Por último, axudar a que as rapazas e rapaces sexan capaces de atopar o camiño a seguir cando lles surxan dúbidas.

Feita a guía, presentámoslla ó noso profesor. Eulogio comentounos que estaba bastante ben pero que nos faltaba comentar que competencias pensabamos que, os nosos alumnos, íban a desenvolver, facendo este traballo, das sete competencias que aparecen no currículum educativo.

E en iso estamos, introducir as competencias dentro da guía didáctica e tamén na construcción do xogo educativo.

Apertas para todos!

viernes, 6 de mayo de 2016

Concretando

Boas tardes amigos!


Levábamos tempo sen actualizar o blog e queremos voltar a facelo de maneira regular. Que non estiveramos actualizando o blog non significa que estivesemos cos brazos cruzados. Estivemos reflexionando sobre o noso proxecto e temos avances moi significativos. Polo tanto, vamos a pasar a contarvos a que nos adicamos neste tempo. Comecemos polo principio.

Unha tarde reunímonos, despois de clase, para decidir a temática sobre a que ía tratar o noso traballo. Acordamos que estivese dentro da área de 'Coñecemento do Medio' e tivera relación co mundo da natureza, os seres vivos e o seu entorno dirixido a alumnas e alumnos de 2º de Educación Primaria. Paraceunos, dende o primeiro momento, unha temática moi atractiva e que, de seguro, ía xerar interese nos nosos pequenos alumnos.


Despois de elexir sobre qué íamos a facer este traballo, comezamos a cavilar sobre que proposta podíamos poñerlles entre mans. Pensamos que podía ser moi interesante deseñar un xogo didáctico e que eles interactuaran co mesmo. O programa co que estamos a deseñar este xogo é o Power Point mediante a utilización de enunciados, imaxe e hipervínculos.


Ata aquí é todo polo de pronto, permanecede atentos ó blog!

miércoles, 20 de abril de 2016

Benvida

Benvidos ó noso blog, ''Os Ecosistemas do Mundo''.

Estamos en proceso de diseño do mesmo e a puntiño de subir os primeiros contidos.
Tedes que agardar pacientemente, as cabezas pensantes están traballando.

Saúdos,

Jano, Carlos e Breixo.